A cultura galega garda hoxe loito polo músico e fabricante de gaitas Xosé Manuel Seivane, que faleceu onte aos 90 anos. Seivane, patriarca dunha coñecida saga de instrumentistas e artesáns relacionados co mundo da gaita, foi o creador do selo Seivane, una das firmas máis prestixiosas a nivel mundial no seu eido.

Os seus fillos Álvaro e Xosé Manuel seguiron os seus pasos como fabricantes ao fronte do negocio familiar en Cambre, o Obradoiro de Gaitas de Seivane, e a súa neta Susana é unha das intérpretes e compositoras máis exitosas e recoñecidas do folk galego.

A capela ardente do músico e constructor lugués permanecerá aberta todo o día de hoxe no Tanatorio Eiroa, en Culleredo, e o enterro será mañá ás 16.00 horas en San Xurxo de Piquín, en Ribeira de Piquín (Lugo). O alcalde de Cambre, onde residía Seivane, Manuel Rivas, expresou as súas condolencias á familia do artesán: "Cambre débelle moito a Xosé Manuel Seivane e é xusto recoñecer todo o seu traballo e a dedicación a este pobo".

O prestixio e a importancia de Xosé Manuel Seivane e o obradoiro que fundou levouno a ser recoñecido coa primeira edición dos Premios Nacionais de Artesanía Innova que entrega o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, no ano 2006. O galardón debeuse á aposta dos fabricantes polas novas tecnoloxías e por ser un exemplo da adaptación dos negocios tradicionais aos cambios sociais e económicos, gracias á súa páxina web e aos servizos que ofrece.

Seivane naceu na parroquia de Fonmiñá, no concello de A Pastoriza, en Lugo, no 1921. Fillo de ebanista, Seivane fabricou a súa primeira gaita no 1939, en plena Guerra Civil. Nesa época, o normal era que os instrumentos os fixeran os ebanistas e que os instrumentistas encargáranse da afinación, pero Seivane, desde a súa doble vertiente de constructor e músico, incorporou sensibilidade artística e as necesidades reais dos gaiteiros aos procesos de elaboración.

Durante o seu servizo militar, Seivane entrou en contacto co artesán Antón Represas O Marreco, co que compartiu coñecementos, o que lle axudou a progresar na súa técnica de elaboración de gaitas.

O primeiro taller do artesán situouse en Ribeira de Piquín, en Lugo, desde onde abasteceu aos gaiteiros da zona, pero o seu crecente prestixio fixo que o negocio se expandese e os músicos viñeran desde moi lonxe á procura dos seus instrumentos. No ano 1994, Seivane e os seus fillos fundaron o actual obradoiro Seivane en Cambre, onde tamén desenvolveron programas didácticos para constructores.

A empresa sitúase na cabeza do panorama galego en elaboración, comercialización e exportación de gaitas, cunha proxección internacional que lles leva a exportar ao extranxeiro un 20% da súa producción total.Entre os usuarios dos instrumentos fabricados por Seivane e os seus fillos están algúns dos máis destacados intérpretes de Galicia ademáis da propia Susana Seivane, como os gaiteiros de Milladoiro, Pepe Ferreirós e Nando Casal, Pepe Temprano, Dani Bellón e o membro de Treioxadura, Xaquín Xesteira Losada.

Durante a súa traxectoria, Seivane destacou tamén polas súa investigación do repertorio tradicional da gaita galega, e a mellora das condicións de son dos instrumentos. Nos seus últimos anos, o artesán recibiu gran número de homenaxes e recoñecementos de institucións e asociacións culturais.