A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, rexistrou hoxe unha das súas primeiras iniciativas parlamentares en relación ao accidente acontecido onte na refinería de A Coruñaaccidente refinería A Coruña.

Rosana Pérez diríxese nunha pregunta parlamentar ao Goberno para saber que información posúe do incendio rexistrado onte na pranta de Repsol, e para coñecer se vai abrir unha investigación sobre as causas do accidente. Ademáis, a parlamentar do BNG pregunta ao Executivo que medidas de inspección e control realizou en relación aos sistemas de seguridade da fábrica.

“Cumpre co estipulado en materia medioambiental? Qué investimentos fixo Repsol para mellorar os sistema de seguranza da refinería desde o ano 2010, data do último sinistro?”, son algunhas das cuestións que a deputada nacionalista dirixe ao Goberno.

Rosana Pérez demanda ao Executivo que reclame a Repsol a mellora da seguranza a fin de evitar que ocurran máis accidentes deste tipo.

Demasiados accidentes na refinería

A parlamentar nacionalista traslada ao Goberno os detalles do incendio que se produciu na refinería onte pola tardeincendio refinería . “Parece que un fallo nunha tubería provocou un incendio na refinería que estendeu a alarma non só á poboación de Meicende (A Coruña) senón tamén á cercana cidade coruñesa e Arteixo”.

“A intensa nube negra de fume estendeuse pola zona, o que asustou á poboación”, sinala Pérez.

A deputada do BNG enfatiza que “afortunadamente non houbo que lamentar danos persoais, pero preocupan os posíbeis efectos medio ambientais e a posíbel toxicidade do fume. Os veciños da zona amosaron as súas queixas e as súas críticas pola falla de información, e afirman que se lles avisou con moito retraso”.

Rosana Pérez pón de manifesto que “non é a primeira vez que se rexistran este tipo de accidentes na refinería coruñesa” e cita o acontecido en abril de 2010. “Son coñecidas as denuncias pola falla de investimentos suficientes na refinería por parte de Repsol en canto a cuestións relativas á seguridade”, conclúe a deputada nacionalista.