-En que fase se atopan os traballos da Torre de Valparaíso?

-Agora estamos facendo a limpeza de vexetación para saber cal é o estado dos muros e a partir de aí poder abordar o proxecto de excavación e restauración. A zona é aínda máis interesante porque a inicios da anterior década atopáronse restos materiais de certa entidad que correspondían coa época romana. Segundo o arqueólogo que documentou aquela excavación o espazo da vila estaría cara a Torre de Valparaíso así que nos obxectivos desa intervención tamén intentaremos localizar por xeorradar os restos desta vila. Vai ser difícil porque é unha zona moi alterada pero máis ou menos intuimos onde podería estar.

-Cantos arqueólogos participan na excavación?

-Actualmente traballan cinco personas da empresa Argos. Na Coruña necesitamos traballo de calidade para poder potenciar turisticamente o patrimonio da ciudad. A nosa historia está ligada á historia de Francia, Inglaterra e Portugal e non só ten un valor local senón tamén internacional. A historia da Coruña da un valor patrimonial á cidade que pode ser un reclamo para turistas deses países. - á cidade chegan moitos visitantes desas nacionalidades en cruceiro.

-Cando estará o xacemento listo para ser visitado?

-Desde o punto vista arqueolóxico non ten a complexidade dun castro, onde tes uns estratos de terra que é preciso documentar un a un e ir excavando. Por iso a excavación é relativamente rápida. Para finais de ano as estruturas poderán ser visibles e a comezos de 2014 a musealización pode estar finalizada. Falta documentar os elementos, poñer esa información en diversos módulos explicativos de diferentes temática e logo volcar todo á web para que se poda acceder á información máis específica.

-O proxecto de recuperación destes xacementos tamén inclúe a Batería de Oza. Cal é o seu estado?

-Pois está en moi bo estado. Se se colle un plano de finais de século XVIII e se pasa agora por riba en bo aéreo vese que sigue igual. É preciso limpar os paramentos da parte frontal que da á praia e dos laterais, porque a vexetación impide ver a estrutura completa da batería. Imos limpar e restaurar e documentar arqueoloxicamente todas as estruturas que todavía existan do interior das baterías á vez que recuperamos as tres liñas de fosos do lado norte. Con estas intervencións queremos crear un discurso museográfico que axude a comprender á xente que iso formaba parte do sistema defensivo. Un discurso que explique que é a batería de Oza, a Torre de Valparaíso e o sistema defensivo de murallas da cidade alta.

-Tamén van traballar sobre os petroglifos de punta Herminia. En que estado se atopan agora?

-Sobre eses petroglifos hai un texto de 1895 de un historiador da época que xa advertía de que corrían o risco de desaparecer pola necesidade de pedra que había por aquel entón para facer casas e a rede de alcantarillado. Daquel grupo de petroglifos da península da Torre só quedaron dous: o da Pena dos Bicos e os da Pena da Brúxula, que está a 22 metros, aínda que polo momento só están sinalizados os primeiro. Agora temos o problema dos líquenes, do que xa se falaba nese texto de 1895, porque están tapando os surcos. Nós o que imos facer é un calco dos petroglifos e un rexistro fotogramétrico dos paneis para documentalos en versión tres dimensións.

-Quedan pendentes de investigar moitos xacementos arqueolóxicos na Coruña?

-Os xacementos nunca van deixar de aparecer. Á marxe do Castro de Elviña, no que se obtiveron resultados moi bos, e da Torre de Hércules, temos una mámoa interesante preto da Urbanización Breogán, no límite municipal entre A Coruña e Arteixo, temos o Monte de San Pedro, a zona de Los Puentes e o seu acueduto e tamén o Castro de Nostián. Quizais excavar dous castros nunha mesma cidade é unha inversión moi grande pero plantexar unha limpeza sobre ese xacemento é boa idea. - tamén hai un patrimonio sumerxido por descubrir. Non podemos esquecer que A Coruña leva comerciando co seu porto probablemente desde o século II a.C até a actualidade. Hai moito que facer.

-Que lle parece a idea de conservación da muralla do Parrote?

-Ese proxecto non o informei eu porque está dentro do ámbito da Autoridade Portuaria. A musealizacion que plantexa é correcta basicamente porque hai un arqueólogo que así o indica. O baluarte forma parte do sistema defensivo da cidade e é un ben de interese cultural cunha estructura moi interesante. Só co sistema de tarimado de madeira para nivelalo e anclalo ao chan xa é impresionante, e logo todo o traballo de sillería é fabuloso. Non entro a valorar a decisión doutros arqueólogos, o interesante é que se conserve e se poda visualizar dunha forma ou outra.

-E na Fábrica de Tabacos tamén hai novidades...

-Si, alí estanse facendo unhas excavacións porque apareceron os restos dun astaleiro do século XVIII. É unha grada enorme de máis de 100 metros e atopamos o extremo, con todas as zonas de ancoraxe para colocar os barcos. Agora todo iso vaise musealizar do modo máis efectivo e xa se está redactando o proxecto que se integrará dentro da rehabilitación global do edificio para que os veciños o poidan ver.