Nos últimos anos o centro da Coruña do Instituto Español de Oceanografía (IEO) mantivo invariable a súa cita anual co Día da Ciencia na Rúa, xurdida da colaboración con outras entidades de carácter científico e escolar, que decidiron unir os seus esforzos e buscar unha oportunidade para sacar a ciencia dos laboratorios e das aulas á rúa. Entre os berros, o balbordo e a algarabía dos rapaces, dispostos se se tercia a sumerxirse en calquera ensaio, desenvolveronse estas sesións, centradas fundamentalmente na participación dos cativos. Esta iniciativa despertou un interés inusitado e a proba máis evidente e que os colexios apúntanse cun entusiasmo perfectamente perceptible. Aquel proxecto, alentado por Ramón Núñez Centella, á sazón encargado da parcela educativa e científica do Concello da Coruña, foi un símbolo da incipiente apertura que desembocou na diversidade de actos programados posteriormente. Todo un luxo para unha cidade que descobre hoxe unha fachada marítima en toda a súa plenitude cidadá.

Pois ben, hoxe, sábado, día 6, o laboratorio oceanográfico coruñés abre as súas portas para mostrar como e por dentro e como se investiga, experiencia que se inscribe dentro das Xornadas de Portas Abertas, e que a tenor do sucedido en edicións anteriores desperta cada vez maior interés entre as xóvenes xeneracións deseosas de incorporarse a este cativo clube da ciencia onde os visitantes poderán contemplar toda unha exposición científica relacionada coas diversas áreas de traballo que realiza a diario. A iniciativa plantexase como unha proposta eminentemente didáctica na convicción de que a ciencia ten que seguir conxugando a vangarda das súas investigacións cunha tendencia máis marcada capaz de achegarse a amplas capas da poboación, algunhas das cales non prestaron, polo xeneral, excesiva atención.

Participación científica popular? Case que máis aventura conxunta. Preténdese, en definitiva, plantexar diversas técnicas de actuación, pero non se trata de que os rapaces as vexan como nun programa de televisión onde non poden tocar ren, senón que mesmo poden cambiar o guión estabelecido polos promotores. É unha máquina dos sonos formada por diversos aparatos empregados no laboratorio, que permiten, tanto aos cativos como aos adultos, saber como traballan os investigadores, en que empregan o seu tempo e con que medios contan. Pero iso foi en edicións anteriores, hoxe terá a súa continuidade.