Se teño que elixir quédome con Atila (Inacio e Iván Suárez, Demo editorial, 2015, 12 euros) é o cuarto tomo da biografía gráfica de Castelao. A idea dos autores é facer oito tomos, cada un é autoconclusivo e independente e vainos amosar de forma amena fragmentos da vida e obra de Castelao. Este tomo sacámolo o día das Letras, está situado na Guerra Civil, vai facer referencia a súa estancia como diputado das Cortes da república, ao seu libro de Atila e tamén á súa infancia en Arxentina. Penso que Castelao é un personaxe que se debería coñecer máis do que se coñece, foi un auténtico humanista do XX. Creo que é o que máis lle chega aos lectores, unha visión de Castelao amen pero documentada.