Víctor Neira é o vocalista da banda compostelana Ruxe-Ruxe. Hoxe ás 22.00 horas toca no Campo de Marte nas festas de Monte Alto, tras Mamá Cabra, El Arrabal y Clave de Fado.

-Traerán os temas do se décimo disco, Un mundo perfecto

-O directo que estamos facendo este ano é baseado no disco novo, e tamén estamos ás portas de celebrar o 20 aniversario da banda. Facemosunha pequena viaxe por todos os discos, tocando cancións importantes na nosa historia.

-Seica non tocan algún tema mítica, coma Lobicán

-Ao mellor igual é que antes tampouco soaban tan ben e non había tanta consciencia. Hai cancións, non sei por que razón, coas que xa non conectamos tan ben. Estamos nunha onda máis dura, o son que nos nace é máis apunkarrado, e cústanos facelas soar.

-Vanse facendo máis punk?

-A verdade é que si. A cada disco a actitude musical foi máis punk. A explicación é a perda de prexuízos. Achegámonos máis a entendela música de maneira máis sinxela: con mensaxes máis claras e moi directas. O son do grupo endureceuse máis, sobre todo nos directos. Cada vez somos máis directos, rápidos, contundentes.

-Un mundo perfecto é optimista; o anterior, Un mundo perfectoNémesis

-Non. En Némesis todas as cancións falan da mesma historia, a viaxe dunha persoa, todo era derrota e a personaxe principal acabábase tirando dunha azotea. Neste é todo o contrario. Un Mundo Perfecto é unha volta de folla moi continuísta do anterior, a maneira de loitas contra iso. Son dous discos moi parecidos, na nosa cabeza estaba previsto facelo desa maneira.

-Neste último disco están valores como a alegría e a amizade. Son importantes?

-Son fundamentais, os piares sobre os que nos podemos sustentar. Concibir a vida sen momentos de alegría e sen ter con quen compartilos non tería moito sentido.

-Intenta levar esa alegría aos seus concertos?

-É unha constante nos nosos directos. Independentemente do repertorio que se toque, das temáticas, que non sempre son divertidas, tentamos que o directo sexa divertido, un rato optimista e alegre.

-Entenden o punk como sonoridade ou actitude?

-Eu creo que o punk é actitude, e dentro diso entran unhas sonoridades particulares. Eu entendo o punk como se entendía nos anos nos que naceu: "faino ti mesmo, faino á túa maneira". A peza máis tranquila pode ser a máis punk. Fala de liberdade en todos os aspectos: non te cases con ninguén máis que coa túa maneira de entendelo. O punk veu a demostrar que non facía falta ser un músico virtuoso, nin estar no conservatorio para montar un grupo de rock. Por iso penso que é probablemente o máis importante da historia da música, porque a democratizou.

-Cal é a ligazón do grupo co barrio de Monte Alto?

-Temos unha conexión directa con toda a música coa denominación de orixe Monte Alto. Falamos dos Diplomáticos, dos Ulträqäns, dos Papaqueixos, de todas as bandas que dalgunha maneira levan esa denominación de orixe, aínda que moitas delas ao mellor non era exactamente de aí. É un barrio fundamental para a historia musical deste país. Sentímonos ligados, estivemos aí moitas veces vendo concertos nesa praza e para nós vai ser unha das datas bonitas do ano.

-Nada de rivalidade Santiago-A Coruña, logo?

-Iso é algo que alguén inventou e non existe. Con Monte Alto non hai ningunha rivalidade, senón admiración e ganas de compartir.

-O rock bravú

-Non. É unha semente que non morreu e agardemos que non morra nunca. Antes desa época escoitabamos en galego a Andrés do Barro, a Ana Kiro e ao mellor a Os Resentidos, pero eran bandas que nos eran un pouco alleas. O rock bravú e bandas desa época que non eran bravú empregaban o galego e sobre todo que falaban de cousas que nos eran moi achegadas a nós. Abríronnos as portas, déronnos un empuxón e moitas delas botáronnos un cable cando nos fixo falta. Admiración e respecto máximos.

-Pensan facer nalgún momento un disco de directos?

-Fai uns cinco anos que todo o mundo nolo plantexa. O grupo anda sempre a voltas coa idea, a decisión está todos os anos enriba da mesa? Temos a sorte ou a desgraza de ter sempre temas novos para gravar, e nos pon máis gravar un disco con cancións novas. Queriamos facer un disco celebrando os vinte anos, estamos cun montón de cancións novas na cabeza.

-De onde sacan tanta idea?

-Non o sabemos, e tampouco sabemos se son boas ou malas. Non temos unha fórmula, non temos nin idea.A parte máis bonita do grupo é facer cancións e inventar cousas novas.