Manuel María regresa ao Rosalía

O teatro de propiedade municipal acolle tras unha paréntese de catro anos o espectáculo anual de homenaxe ao poeta chairego

17.09.2015 | 10:39
Manuel María regresa ao Rosalía

O Teatro Rosalía volveu ser onte o escenario do espectáculo Lúas de Outono, despois dunha paréntese de catro anos na que a Fundación Manuel María non puido celebralo neste recinto pola negativa do anterior Goberno local. A homenaxe anual ao poeta da Terra Cha, que acadou xa a súa sétima edición, contou nesta ocasión coa participación do conxunto musical Pepe Vaamonde Grupo, que estreou dúas pezas baseadas en poemas de Manuel María, e ademais o seu novo disco Lume. Pola súa banda, os poetas Xulio López Valcarce, Marta Dacosta e Miguel Anxo Fernán Vello foron os encargados do recitado de textos durante o acto.

O regreso ao Rosalía era unha sentida aspiración da Fundación Manuel María, que, aínda que conseguira a autorización da Deputación para realizar o espectáculo no Teatro Colón, optou por razóns sentimentais a retornar ao escenario no que se realizaron as primeras edicións da homenaxe ao autor a quen se dedicará o vindeiro Día das Letras Galegas.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

ESPECIAL

PREMIOS OPINIÓN MÚSICA RAÍZ

Premios Opinión da Música de Raíz

Consulta aquí a información dos premios de música do noso diario


GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia
 


esquelasfunerarias.es
Enlaces recomendados: Premios Cine