Un cauce como tesouro da cidade

Un traballo de investigación salienta a riqueza biolóxica do curso alto do río de Mesoiro, na contorna de Feáns, e aposta pola súa protección para impedir a súa destrución

29.09.2015 | 17:24
Un cauce como tesouro da cidade

Un traballo de investigación dun amigo seu, Ricardo Ferreiro, sobre a diversidade biolóxica de Feáns, o lugar donde vive, animou a Cosme Damián Romay a afondar sobre o río que percorre ese lugar, o de Mesoiro, xa que el tamén é investigador na Universidade da Coruña, onde desenvolve a súa tese de doutoramento. O coñecemento do documental realizado por Ángeles Huerta e Antón Núñez sobre a historia deste mesmo río tamén foi un aliciente para botar a vista atrás, aínda que como é natural do Grove, o seu coñecemento da cidade só se remonta aos nove anos que leva vivindo nela, así que tivo que documentarse.

Iso fixo que descubrise que para moitos coruñeses o río de Mesoiro ou de Monelos fose noutros tempos un sinónimo de suciedade e de atraso, ata a punto de que era "o límite psicolóxico da Coruña, xa que máis alá del non había máis cidade". "Habería que reflexionar sobre cómo foi vilipendiado o río, do que nos anos cincuenta se dicía que era asqueroso e que había que canalizalo", comenta Romay, quen recorda que daquela a xente aínda vivía do río, como as lavandeiras de Monelos, mentres que os cativos acostumbana a achegarse para coller anguías, polo que defende a recuperación do pasado deste cauce.

Pero, como biólogo, quixo analizar a diversidade natural na contorna do río, o que lle levou a descubrir "un panorama sorprendente e apaixoante". O punto de partida do seu traballo foron os datos que xa recabara sobre un afluente do río, o Lagar, que aproveitou para elaborar un catálogo de diversidade coa flora e fauna das ribeiras do Mesoiro.

Pero Romay advirte que, como outros moitos ríos galegos, este tamén conta con diferentes nomes, xa que cando nace xunto ao cemiterio de Feáns é coñecido como rego dos Carneiros, mentres que ao recibir o rego de Conxes pasa a chamarse rego de Feáns. Unha vez que recibe o rego de Veneirón é denominado rego de Campos, e non é ata chegar ao lugar de Mesoiro cando é chamado así, pero cando alcanza Ponte da Pedra é o momento no que é bautizado como de Monelos.

Para o investigador, o tramo do río que vai dende a súa cabeceira ata Mesoiro é o que se atopa nun mellor estado, xa que nesta zona se conserva un bosque de ribeira con amieiros e salgueiros, aínda que non é o orixinal, posto que os cultivos desenvolvidos no pasado acabaron con as árbores que existiron nun primeiro momento. Pero aínda así, Romay considera que o seu interese "é moi elevado" e para iso lembra a reacción dos voluntarios que a fin de semana pasada participaron nunha acción de limpeza do río. "A xente quedu asombrada de que isto exista na Coruña", explica sobre a realidade que se atoparon, xa que é un lugar onde abundan as aves de bosque, como gabiáns, ferreiriños, pegas marza, liñaceiros, verderolos e xiríns, que se benefician da ausencia de pesticidas nos terreos de cultivo próximos, o que tamén favorece a abundancia de andoriñas.

Pero tamén son salientables os insectos que perviven na zona, como a libeliña coenagrium mercuriale, coñecida en Galicia como donceliña de mercurio, e que unha especie calificada como en estado de conservación desfavorable, por lo que debe protexerse, xa que non é rara en Galicia pero si en Europa. Tamén poden verse a corregulagaster boltonii ou tizón de boltón e a boyeria irene, coñecida como libeliña de luscofusco.

Este ambiente idílico muda cando o río avanza cara a Expocoruña, xa que nese tramo hai partes do cauce que discorren soterrados, mentres que a partir do Martinete xa vai continuamente entubado ata a súa desembocadura no peirao de San Diego, ao que ademias chega tras pasar baixo unha rúa da cidade que leva o nome de río de Monelos e na que se conserva a ponte pola que se cruzaba, hoxe parte da avenida general Sanjurjo. Pero, aínda así, Romay salienta que no segundo treito "quedan restos do pasado, de cando o río era río, xa que aínda hai vexetación de ribeira, xunqueiras e salgueiros", o que, segundo a súa opinión revela a forza da natureza.

"Non podemos manexar a agua ao noso antollo. Podemos anula o río como tal, pero a dinámica da agua mantense, xa que hai fauna e flora asociada a ese ambiente ata chegar a Expocoruña", comenta sobre ese tramo do río de Mesoiro.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Noticias relacionadas

 

esquelasfunerarias.es
Enlaces recomendados: Premios Cine