PROTAGONISTAS DE ACTUALIDAD

'Soñando no rural': Resultados do Programa Leader Galicia 2007-2013

21.11.2015 | 00:58
Resultados del GDR - Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte.

A Asociación Costa da Morte-GDR (que abarca os concellos de Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas) abriu o prazo de solicitude de axudas do Programa Leader 2007-2013 o 04 de decembro do 2009 e pechouse o 30 de marzo do 2015. Vaise rematar o programa o 30 de novembro deste ano.

Aprobáronse en firme e están executados e certificados, 95 expedientes cunha inversión que supera os 9.516.684 euros.

A subvención recibida por estes proxectos ascendeu a 4.134.925,68 euros. Consolidáronse 218 empregos e creáronse mais de 80 (había un compromiso de crear 33 novos empregos). A achega privada acadou os 5.374.165,89 euros (un 155,38% sobre o total da estratexia).

Os proxectos Non Produtivos recibiron axuda por importe de 558.843,32 euros (un 16,15% s/estratexia) co que se destinou a Proxectos Produtivos o 83,85% do total da estratexia.

Destinouse a Gastos de Funcionamento o 15,55% da estratexia (máximo permitido o 16%) e o 4% estipulado para Promoción Territorial. O nivel de execución ao longo dos seis anos foi o seguinte: 2010 (84,79%), 2011 (97,81%), 2012 (99,56%), 2013 (97%), 2014 (97,95%) e 2015 (100%), co que o nivel medio de execución foi do 96,51%. Asimesmo, temos dez proxectos aprobados en reserva pola Xunta Directiva do GDR, e que están executados, que supoñen unha inversión de 880.800 euros e que poderían acadar unha axuda de 303.323 euros, sempre e cando nos adxudicaran mais fondos procedentes de sobrantes doutros territorios. Con estes dez proxectos consolidaríanse vintedous empregos e crearíanse outros sete novos postos de traballo.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

esquelasfunerarias.es
Enlaces recomendados: Premios Cine