O clima coruñés de finais de novembro non parece o máis axeitado para as actividades ao aire libre. Pero, coa filosofía de converter as fraquezas en fortalezas, o festival Quincegotas, que organiza catorce espectáculos de danza na rúa ata o domingo, busca "que a choiva sexa un elemento artístico máis", que se integre ás súas funcións e que lles serva aos bailaríns para "improvisar", segundo explica a súa coordinadora, Fani Vázquez.

O festival comezou ontes cunha actuación da compañía Entremáns e do Conservatorio Profesional de Danza na Coruña no Obelisco. Seguirán representacións breves, de entre dez e quince minutos, a cargo de once compañías españolas en espazos da zona centro como as rúas Galera e a Franxa, o campo da Leña e a praza de Vigo. Pretendeuse que o público teña "entornos naturais" desde os que ver o espectáculo, xa sexan soportais ou locais de hostelería que miren á rúa, sinala Vázquez. Tamén se quixo facer "un guiño á hostalería e as zonas comerciais".

O propósito de Quincegotas, unha iniciativa patrocinada polo Concello, é "abrir á danza un espazo urbano para transformalo co baile e coa choiva" e chegar a un público maioritario. O formato das actuacións, curtas, gratuítas e nas zonas máis populares da cidade, quere "chegar ao público que habitualmente non acude a un teatro, por costume, economía e descoñecemento".

A maioría da xente non frecuenta as representacións de danza, así que Vázquez propón que "tropece con ela mentres está paseando, de compras, tomando algo nun local". O festiva, cuxo programa pode clausurase na web do Concello, pecha clausúrase o domingo con dúas actuacións de Jordi Vilasecae de Moveo Teatro ás 17.00 horas no Obelisco.