A CORUÑA EMPRENDE

Alumnos do IES de Sabón de Arteixo aprenden a montar empresas 'online'

Estudantes do centro participan nunha charla do programa 'A Coruña Emprende 2'

16.02.2016 | 12:21
Alumnos do IES de Sabón de Arteixo aprenden a montar empresas 'online'

Alumnos do IES de Sabón de Arteixo participaron onte nunha xornada de emprendemento dixital que forma parte da programación da segunda edición do proxecto A Coruña Emprende 2, unha iniciativa organizada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na que colaboran a Fundación Alcoa e LA OPINIÓN, que busca fomentar o espírito emprendedor entre os máis novos para mellorar a súa inserción laboral unha vez que rematen a súa formación académica.

Despois de asesorar hai dúas semanas aos estudantes do IES Fernando Wirtz da Coruña sobre como montar un negocio en internet onte foi a quenda dos de Sabón. O experto explicoulles que os conceptos claves para poñer en marcha unha empresa son os mesmos tanto se faga de forma tradicional como en internet. Toda entidade ten que ter, asegura, unha idea que oferte produtos e servizos a cambio de algo, clientes aos que vendelos e proveedores. Os alumnos descubriron ademais que nos negocios na Rede existe a posibilidade de dar a coñecer a empresa e os seus produtos de xeito global e comprobaron como se pode medir en internet o resultado da súa actividade e como interactuar a través das redes sociais cos seus clientes A principal diferenza nos negocios online, segundo Basalo, está na forma de comunicar e medir a satisfación dos clientes a través das redes sociais onde "o contido é o rei" e onde se pode medir a súa repercusión a través de ferramentas como o posicionamento SEO, SEM ou wordpress.

Os alumnos tamén sairon familiarizados con outros conceptos como WooCommerce, unha ferramenta que permite montar unha tenda online pequena ou Analytics e Adwords, dúas aplicacións para medir a publicidade por internet. E ademais tiveron a oportunidade de coñecer máis polo miúdo as claves de todo o procedemento de loxística, o transporte e os envíos de mercadorías aos clientes neste tipo de negocios a través da Rede.

Esta edición de A Coruña Emprende complementase con visitas dos alumnos a diferentes empresas, entrevistas con empresarios da zona e un concurso de idea e de negocio e outro de proxectos que deben elaborar en grupos con outros compañeiros de clase. No caso dos proxectos de miniempresas, novidade desta edición, participan estudantes do CIFP Paseo das Pontes da Coruña, o IES de Viós de Abegondo, o IES Universidade Laboral de Culleredo e o IES Isaac Díaz Pardo de Sada. En canto as xornadas formativas para alumnos e docentes, ademais das impartidas por Alberto Basalo sobre como montar unha empresa en internet, os centros participantes en A Coruña Emprende 2 asistirán a charlas relacionadas coa motivación, a creatividade, a comunicación, as presentacións de impacto, como emprender con éxito, o marketing online, o modelo de negocio, as patentes e marcas ou a aplicación das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) no emprendemento. Nesta segunda convocatoria do programa participan escolares e docentes de Primaria, Secundaria e Formación Profesional de 15 centros educativos da Coruña e a súa área metropolitana.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

esquelasfunerarias.es
Enlaces recomendados: Premios Cine