O 24 de febreiro de 1837 naceu Rosalía de Castro en Santiago, unha data que será recordada hoxe na cidade na que viviu e en toda Galicia con máis dunha homenaxe. A Real Academia Galega conmemorou a efeméride na súa sede da rúa Tabernas cun concerto de Amancio Prada, que gravou en 1975 un disco histórico cos versos da poeta.

Mais isto é só o remate da xornada. A Biblioteca da Deputación Provincial, en Riego de Agua, foi o escenario dun acto organizado pola área de Cultura do órgano provincial, no que se leron publicamente pezas de Rosalía de Castro. O centro también preparou un clube de lectura temático e unha guía sobre a súa obra. Paralelamente, a Deputación coruñesa puxo a libre disposición dos cidadáns catro ilustracións coa autora como protagonista, deseñadas por catro mulleres: Uqui Permui, Aurora Cascudo, Aldara Prado e Paula Mayor.

Recital de Amancio Prada na Real Academia. // Carlos Pardellas.

Houbo máis lecturas de poemas e textos de Rosalía no centro Ágora e a Biblioteca Pública Miguel González-Garcés, xa o sábado, ofrece un obradoiro literario infantil dramatizado sobre a escritora galega. Os centros escolares tamén prepararon varias homenaxes, como os alumnos do colexio Salgado Torres, que mesmo elaboraron un rap de homenaxe, dentro do proxecto Adiante, desenvolvido polo centro.

Lectura de poemas no Centro Ágora. // J. Roller.

La Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega dedica un manifesto á autora, Rosalía libre e sen medo ningún, escrito por Suso de Toro. "Non conseguiu en vida o recoñecemento que merecía mais non foi vencida, chegou aos seus últimos días coa arma da escritora na man. Rosalía viviu libre e campa aínda libre arredor de nós, é unha sombra clara que nos anima a vivir en liberdade sempre. Sempre libres, sempre en Galiza, a nación de Rosalía", conclúe o texto.