A pegada das Irmandades da Fala, paso a paso

03.03.2016 | 01:23

A conmemoración durante este ano do centenario da fundación das Irmandades da Fala fai que tanto as institucións como os colectivos culturais promovan iniciativas para celebralo. A Asociación Socio-Pedagóxico Galega e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda sumaranse o vindeiro sábado coa realización dun roteiro das Irmandades na Coruña que percorrerá os lugares vencellados a este movemento e que será guiado pola escritora Mercedes Queixas Zas dende as 17.00 horas.

O punto de partida será a rúa Álvaro Cebreiro, xa que este artista foi unha figura destacada da vangarda artñística galega, e seguirá ata o número 36 da rúa Real, onde estivo situada a editorial Nós, dirixida por Ánxel Casal. Dalí marcharase cara ao Teatro Rosalía de Castro, onde se falará da dramaturxia das Irmandades, e logo á rúa San Agustín, lugar onde morreu Manuel Murguía. O seguinte punto será o Concello, no que Lois Peña foi o primer concelleiro que en 1920 falou en galego. Na mesma praza falarase das Escolas de Insiño Galego, que estaban alí ubicadas, e logo rematarse en Rego de Auga, 38, lugar onde naceron as Irmandades. O percorrido contará ademais coa presenza da cantante Marta Pumares e do artista plástico Xurxo Gómez Chao.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

esquelasfunerarias.es
Enlaces recomendados: Premios Cine