Mellorar as competencias do profesorado en linguas estranxeiras, potenciar as técnicas dixitais e favorecer a diversidade son algunhas das liñas nas que traballa o Centro de Formación e Recursos (CFR) da Coruña aos docentes da zona. Este órgano, dependente do servizo de Formación do Profesorado da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que ten como obxectivos a formación permanente do profesorado. O director do CFR coruñés, José Chas, explica que ademais de actividades de grupo e seminarios que se imparten nos centros educativos, o organismo tamén oferta formación individual para os docentes que se imparte de xeito presencial pero que se xestiona en liña a través da plataforma Fprofe. Nalgunhas ocasións -apunta- profesores de varios centros únense para abordar unha problemática común ou traballar nun concepto concreto, como se fai no caso dalgúns seminarios.

Con estas actividades, o Centro de Formación e Recursos da Coruña pretende ser un lugar de referencia para o fomento e intercambio de coñecemento e a innovación pedagóxica, ao mesmo tempo que oferta recursos para o desenvolvemento das accións formativas, buscando a calidade nos servizos prestados e a implicación e satisfacción de todos os axentes que interveñen, na procura da mellora das competencias profesionais docentes.