Premios de teatro

A gala dos María Casares conmemorará o centenario das Irmandades da Fala e será complementada con outras actividades

Un total de 14 espectáculos son finalistas na XX edición, que terá lugar este mércores 30 no teatro Rosalía

28.03.2016 | 20:42

A vixésima edición dos Premios de Teatro María Casares terá lugar ás 21.00 horas do próximo mércores no Teatro Rosalía de Castro. A gala, que será conducida polo grupo de teatro Chévere, será "un musical que servirá de exposición festiva dos motivos polos cales debemos sentirnos orgullosos do teatro que se fai en Galicia", según explicou esta mañá o seu director Xesús Ron. A celebración, na cal se farán referencias ao vixésimo aniversario do falecemento de María Casares e ao centenario das Irmandades da Fala, estará rodeada por unha serie de actividades que xirarán en torno á figura da actriz. A primeira, terá lugar mañá ás 19.30 horas no CGAI e consistirá na proxección gratuita do filme Les enfants du paradis, protagonizado por María Casares.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

esquelasfunerarias.es
Enlaces recomendados: Premios Cine