Venta do porto: do ceo ao inferno

03.04.2016 | 01:52

Das primeiras veces que falouse do porto exterior na Cidade foi no local da Asociación Veciñal Oza da Gaiteira-Os Castros, sendo concelleiro un veciño do barrio, Rodríguez Carballido, alá polo ano 1978, e xa choveu. Os veciños estabamos xa fartos de carbón, descargas a ceo aberto de cereais, contaminación , ruidos nocturnos... e esixiamos unha solución ao problema, así como una compensanción pola desfeita feita na praia de Lazareto e a costa de Oza. Os espazos eran dos cidadans e queriamos recuperalos.

O que era unha necesidade real para a saude do noso barrio e dos vecinos trocouse, da man do alcalde señor Váquez e un grupo de colegas, nun posíbel pelotazo inmobiliario: vender os terreos portuarios ao mellor postor e deixar aos veciños cun palmo de narices. A día de hoxe, co gasto xa duplicando o orzamento e o porto sen rematar, cun despilfarro inmenso e descontrolado de cartos, sen conexión por carreteira, sen proxecto de ferrocarril e sen funcionamento a pleno rendemento, o proxecto vazquista ameaza ruina. Mentres outros portos do Estado en situacións similares eran construidos con cartos públicos ou amplas liñas de financiamento, no Porto da Coruña o financiamento apunta a negocio inmobiliario derivado da venda dos terreos portuarios a inmobiliarias para edificar vivendas de luxo, clubes privados e centros comerciais.

E a todo isto engadese unha nefasta xestión de negocio por parte das sucesivas Autoridades Portuarias, sempre sometidas ás directrices de Fomento. Xestión baseada no trafego de mercadurias primarias (petróleo, carbón...) con pouco valor engadido, pasaxeiros de tránsito en autobús cara Santiago, perda de trafego de contenedores, alongamento de prazos e lentitude do porto exterior, e moitas promesas incumpridas con viaxes ao extranxeiro para voltar coas máns aleiras.

A asociación de veciños do barrio sempre se opuxo a esta alternativa. Dende as alegacións aos sucesivos plans xerais e ao Plan de Espazos do Porto, escritos o Concello... E non só por escritos, tamen na rúa e na loita diaria. En caso de dúbida, pódese consultar a hemeroteca deste diario, La Opinión, que sempre nos acolleu atentamente.

A nosa postura foi e sigue a ser moi clara: os espazos portuarios liberados polo porto exterior deben revertir no uso cívico e veciñal, deben servir para crear empleo real e non para especular nunha cidade cun alto porcentaxe de pisos baleiros. E nós de sempre si sabemos que fazer cos espazos portuarios, e sabemos que privatizar o porto é o xeito mais adecuado de rematar con el e de rematar coa cidade. Consideramos que ademais de incrementar usos públicos, deberiase crear un Museu de Activiades Portuarias (sen el nunha cidade que vive maiormente gracias o Porto), un intercambiador de cercanías por ferrocarril... Por outra banda, a Autoridade Portuaria, a Cámara de Comercio, a Universidade, deberian implicarse en abrir liñas de negocio tales como contenedores (hoxe nula cando é a base do negocio portuario), empresas vencelladas á transformación pesqueira, viveiro de empresas portuarias...

A recente negociación do Concello da Marea e a Autoridade Portuaria lévanos a unha confusión. Antes das eleccións municipais, a Marea asumiu as reivindicacións da Asociacion Veciñal Oza da Gaiteira-Os Castros sobre a nosa negativa a privatizar os espazos portuarios liberados polo Porto Exterior. Reivindicación veciñal ca Marea mantivo até agora. Ante as dúbidas coa información sobre dita reunión se plantexan consideramos que o Goberno Municipal debe clarexar os termos de coincidencia entre Autoridade Portuaria, Fomento e Concello. A importancia dos espazos portuarios e o seu carácter público o piden. E tamén o respeto aos veciños do noso barrio.

Esiximos ante todo transparencia e debate público co noso barrio e toda a cidade sobre o destino dos espazos portuarios. Esiximos que o Goberno Municipal manteña as suas promesas electorais e respecte as propostas que aceptou do noso barrio. E tamén unha postura firme en defensa dos intereses públicos dos veciños ante a desfeita portuaria que pretende Fomento, unha postura firme contra a especulación e o desprezo aos cidadáns.

Non fai moito dabamos neste diario un consello humilde a Marea: antes de "asaltar o ceo" debería tomar as rúas, reivindicarse como veciños. Abrir o Concello os veciños e manter posturas firmes co seu apoio. Temos avanzado, mais para chegar ao ceo o camiño mais curto é dende a rúa: non fai falla descender aos infernos.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

esquelasfunerarias.es
Enlaces recomendados: Premios Cine