Libera, como Gatocan, foi unha das asociacións animalistas que colaboraron co Concello para tratar de deseñar unha campaña de castración de gatos nas rúas. Suxeriu propostas semellantes ás doutras cidades españolas e pediu divulgación entre os cidadáns, que agarda que se poña en marcha e funcione. Oponse ás críticas expostas por Gatocan, segundo o seu voceiro, Rubén Pérez.

-Gatocan critica o xeito en como o Concello leva esta campaña. Entende os ataques?

-Polo que limos nos medios e polas fotos que vimos, que son de bastante mala calidade, temos dúbidas de cando foron feitas; por exemplo, vese un gato cunha orella cortada que sospeitamos que xa a tiña cortada antes de ser recollido. Non nos parece correcta a forma en que se fan as críticas, tendo en conta que esta asociación colaboraba co Concello coa posibilidade de traballar coas colonias felinas e se aproveitou un pleno no que precisamente se tratou unha moción sobre maltrato animal.

-Gatocan defende que os animais pasen máis tempo nas casetas. É comprensible?

-Lemos que Gatocan pensaba nunha hospitalización. Entre os veterinarios cos que falamos hai diferenzas pero nunca falan dun periodo tan longo nas casetas porque os gatos silvestres non están acostumados a estar tanto tempo recollidos. Noutras cidades como moito están ata o día seguinte e logo se lles da un antibiótico para previr enfermidades e para que non haxa un tratamento prolongado. Gatocan descolgouse dun convenio cando se fixo un mapeo de colonias felinas e semanas despois critica. Non entendemos que cando un Goberno local aplica por primeira vez esta medida se lle atice á primeira de cambio.

-Que lle parece a campaña?

-Sendo un programa pioneiro, poden existir erros, pero colaboran clínicas e nos fiamos dos veterinarios. Sería unha barbaridade que os profesionais fixeran as cousas mal. Queremos que o programa teña éxito con calquera asociación.

-Vostedes participan na esterilización?

-Non imos colaborar nas capturas nin na xestión da campaña, mais fixemos propostas sobre modelos de funcionamento e campañas informativas para veciños. É un programa que nunca se fixo e hai que educar á cidadanía. Son ideas que se aplican en Zaragoza ou Barcelona e funcionan ben.

-Vanse levar adiante esas medidas propostas?

-O funcionamento é moi semellante. Entendimos que foi ben recibida polo Concello a campaña de sensibilización, unha campaña de convivencia responsable.

-Debe mellorar a divulgación municipal?

-O Concello informou na web, pero haberá que facer campaña para que a xente coñeza o asunto, que as persoas colaboren e que haca un decálogo que asumimos todos.

-Quen debería xestionar esas colonias unha vez empezadas?

-Como en Barceloma, a través de acordos con asociacións, que serán as que teñen contacto cos voluntarios, polo que se nos dixo. É complexo, hai que poñer de acordo a moitas persoas.

-Que outros aspectos complican a campaña?

-Hai veciños que dan de comer aos animais na rúa, e iso está multado. Non dan penso, senón sobras da comida, o que enfada a veciños porque xenera suciedade e atrae ás ratas, pombas e gaivotas.