A cuarta regra da iluminación axeitada é que hai que iluminar co aspecto de luz adecuado, pero a maioría dos LED que se instalan son de luz branca. Na fotografía desta páxina, feita pola NASA dende a Estación Espacial Internacional e con indicacións do membro da Agrupación Ío Alfredo Madrigal, pode verse que a maioría das luces son alaranxadas pero que xa aparecen moitas brancas, aínda que xa hai LED alaranxadas menos nocivas. "Hai zonas máis iluminadas có aeroporto", afirma Martin Pawley, que tamén destaca a luz no estadio de Riazor, no que se xogaba o partido contra o Sevilla o pasado 5 de decembro. O Concello coruñés gasta cada ano 3 millóns de euros en iluminación exterior, pero Oleiros adica un millón a esta mesma función.