DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Días para lembrar a un veciño

O colectivo In Nave Civitas, o Centro Galego das Artes da Imaxe ou o Concello da Coruña, entre outras institucións, promoven actos na honra de Manuel María

16.05.2016 | 10:13
Días para lembrar a un veciño

Días para lembrar a Manuel María, para que a cidade teña presente o que foi o seu veciño. Os actos comezaron onte á mañá cunha festa na praza de Sellier (rúa Pastoriza) con poesía, lecturas dramatizadas, música, caldo e churrasco. Convocada polo colectivo In Nave Civitas, tivo como convidada especial á viúva do poeta, Saleta Goi.

Tamén se suma a estas xornadas de homenaxes o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), cun ciclo de cine centrado en Manuel María e tamén no centenario das Irmandades da Fala. Será entre o mércores e o venres, coas proxeccións de Peregrinaxes. Viaxando con Manuel María, Manuel María na Terra Chá e Manuel María. Eu son fala e terra desta miña terra. Baixo o lema Pregoa a voz!, o Concello convida a todos os veciños a ler, o martes a partir das 12.00, textos de Manuel María en María Pita. A inscrición, na web do Concello e no 010.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

ESPECIAL

PREMIOS OPINIÓN MÚSICA RAÍZ

Premios Opinión da Música de Raíz

Consulta aquí a información dos premios de música do noso diario


GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia
 


esquelasfunerarias.es
Enlaces recomendados: Premios Cine