O sindicato Profesional de Xustiza (SPJ)-USO reclama á Xunta reforzos "urxentes" para o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución 1 de Carballo. O persoal actual do xulgado conta, na sección civil, cun xestor procesual e dous tramitadores procesuais; a sección penal está integrada por unha xestora procesual e unha tramitadora procesual, pechando o persoal dos corpos xerais un funcionario do corpo de auxilio judicial. Este persoal, segundo o sindicato, desempeña, ademais, as funcións do Xulgado de Violencia sobre a Muller, funcións que recaen, en exclusiva, sobre dúas funcionarias. USO esixe á Xunta un funcionario de reforzo no órgano, tal e como demandan os traballadores e veciños de Carballo.