Novo Mesoiro vive o paradoxo de ser o barrio máis mozo da Coruña e non contar con equipamentos públicos básicos para os máis novos, como unha escola e instituto que garantan o ensino obrigatorio. Os datos do Instituto Galego de Estatística para 2015 revelan como esta é a única área da cidade na que o índice de envellecemento non aumenta e no que a pirámide poboacional conta cun maior peso nas franxas baixas de idade.

O distrito 9, no que se insire Novo Mesoiro xunto a Mesoiro Vello, Pocomaco, Feáns ou Vío, é tamén o que conta cun menor número de pensionistas e no que as pensións son más baixas, ao non superarse os 898 euros (729,27 para as mulleres). O descenso da idade media dos coruñeses non chega a un ano (0,8) e fica nun 45,9 (43,9 homes e 44,3 mulleres). O único distrito que non é cuarentón é de Novo Mesoiro (33,9) e se achegan aos cincuenta a Cidade Vella (48,1), Ensanche (48,3) y Os Mallos-Sagrada Familia (48,2). O barrio foi o destino elixido antes do estoupido da crise por familias de arredor dos 30 anos que, con fillos nados na década dos 2000, sufriron os efectos máis duros da falta de desemprego.