Mañá celébrase o Día Internacional dos Museos, polo que os tres espazos municipais de divulgación científica, Domus, Casa das Ciencias e Aquarium Finisterrae, terán unha xornada de portas abertas no seu horario habitual. Co gallo desta celebración, a Domus organizará o parladoiro Falemos de ciencia e arte, que contará coa participación de Clara Cerviño, José Manuel López Nicolás e Deborah García Bello.