A Policía Local desaloxou durante a madrugada do sábado ao domingo un piso situado nun edificio do Pasadizo do Orzán. O 092 informou de que acudiu unha patrulla sobre as tres e media da madrugada alertada polos veciños debido ao ruído que había na vivenda. Os axentes que se desprazaron ao lugar dos feitos comprobaron que o ruído procedía dun inmoble, polo que timbraron e identificaron o responsable do piso, un mozo de 25 anos. A Policía Local denunciou ao mozo conforme ao establecido na Ordenanza Municipal Ambiental. Ademais, os funcionarios déronlle orde inmediata de desaloxo da festa e comprobaron que do interior da casa saíron un total de 25 persoas, según informou o 092.