O Concello da Coruña mostra o seu "compromiso" cos dereitos fundamentais de "tódalas persoas" con motivo da celebración, hoxe, do Día Internacional contra a Homofobia. Nun comunicado, avanza que, con motivo desta efeméride, realizará este martes unha declaración institucional para mostrar "o seu compromiso cos dereitos fundamentais de todas as persoas, especialmente de quen, por cuestión de diversidade sexual, difire do estándar heteronormativo que aínda persiste na sociedade".

En concreto, a concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, destaca que "aínda que o 17 de maio, por ser a xornada internacional contra a homofobia, é a nosa obriga denunciar explicitamente que a discriminación por orientación sexual ou diversidade familiar segue existindo", o compromiso do Concello con estas persoas é "os 365 días do ano".

Entre outras, iniciativas destaca os obradoiros de educación afectiva e diversidade sexual, así como as campañas de sensibilización que o Concello leva a cabo todo o ano. Ademais, a edil convoca á cidadanía, movementos sociais, sindicais, políticos, e entidades económicas e culturais, entre outras, a ser partícipes deste "compromiso coa igualdade na diversidade", engade.

Fraga tamen quixo salientar os obradoiros de educación afectiva e diversidade sexual, así como as campañas de sensibilización que o Concello desenvolve durante todo o ano. "Facer da Coruña unha cidade inclusiva de todas as persoas pasa tamén pola compoñente educativa e socializadora do valor da igualdade dentro da diversidade", dixo. O Concello lembra que la homofobia segue a ser "un dos motivos polos que miles de persoas teñen que abandonar os seus países de orixe e solicitar asilo noutros estados".