Hai ladróns de carteis, hai ladróns de conos e, tamén, hai ladróns do atrezzo das manifestacións. Os convocantes do movemento 15-M que se reuniron este domingo na explanada do Obelisco para celebrar o seu cuarto aniversario deixaron ao finalizar a súa concentración tres caixas coas siglas 15-M. Pouco durou a data que se convertiu en referencia política de España xa que ás poucas horas alguén roubou o 1.