Os alumnos da escola infantil de Zalaeta celebraron o Día das Letras Galegas coa visita dos monicreques do Centro de Maiores de Afundación. Representaron unha obra, leron contos e fixeron tamén unha coreografía cos nenos. Logo da actividade, houbo foliada no patio para alumnos e familias.