OS PREMIOS BUERO, este ano récord de participación, 350 grupos participan nesta 13ª edición. Estes premios están organizados pola fundación Coca-Cola coa colaboura do Ministerio de Educación, Cultura e Deportes e acollen este ano as montaxes onde máis de 7.000 xóvenes participan, deles 335 on galegos, o que supón a presentación de 24 grupos, tres dos cales participan por primeira vez.

O centro Ágora acolle hoxe o encontro para saber cales son os finalistas da fase autonómica, que pasarán á fase nacional onde disfrutarán da Semana do Teatro Xoven. Poderán asistir a obradoiros, clases maxistrais e tamén representar as súas pezas no teatro María Guerrero. A gala comezará ás 19:30 co photocall e contará coas actuacións de cabaré, música en directo e micro teatros de dous dos grupos seleccionados, ademáis de contar coa breve interpretación dos entregadores, actores reconocidos por todos: Chechu Salgado, Mariana Expósito, Sabela Arán, Denis Gómez, Nieves Rodríguez, Susana Sampedro e Fran Lareu. O gala estará conducida por Estíbaliz Veiga e contarase co apoio do Concello da Coruña, representado por José Manuel Sande.