ÚLTIMA HORA
Giuseppe Conte renuncia a formar un Gobierno en Italia
OPINIÓN

Carta aberta desde a Fábrica de Armas

05.06.2016 | 18:20

O antigo comité de empresa da Fábrica de Armas e os traballadores despedidos trasladan aos organismos públicos (partidos políticos, Xunta e Goberno central) e ao conxunto da cidadanía, a situación pola que estamos a pasar cando están a punto de cumprirse tres anos do noso despedimento (xuño de 2013), e do peche da Fábrica de Armas por parte de Santa Bárbara Sistemas.

Queremos compartir con todos as seguintes reflexións, como levamos tentando nesta longa etapa de reivindicacións e denuncias (ante o Ministerio de Defensa, Xunta, Delegación do Goberno, Axencia Tributaria, Valedora do Pobo, Concello...) por parte dos 61 traballadores despedidos. Iniciamos esta loita encamiñada a acadar que a Fábrica de Armas non pechara e tivera un tratamento igual ao que tiveron as fábricas de Santa Bárbara en Murcia (adxudicación directa a Expal) ou un concurso público como o que se deu na fábrica de Palencia (adxudicación vía concurso a NAMO nun proceso que tivo unha duración de casi un ano). En ámbolos dous casos non houbo ningún tipo de despedimentos.

Pero, claro, neste trato diferencial e negativo para Galicia é chocante que nestas autonomías (Murcia e Castilla León) os Gobernos do PP si que estiveron a altura das circunstancias e acadaron que non houbera despedimentos e se mantivera fora da influencia de Santa Bárbara Sistemas a actividade industrial e os empregos.

En cambio, en Galicia foi a nosa loita e a das nosas familias e dos cidadáns que nos apoiaron, o que permitiu unha luz de esperanza cando despois de máis de dez meses encerrados na factoría para impedir o desmantelamento da mesma e que se nos dera un trato igual ou similar ao que se desenvolveu en Casilla León ou en Murcia, abandonamos o peche nas instalacións, algo quenos puxera o Ministerio de Defensa como condición previa para sacar as instalacións a concurso público.

E aquí foi cando cometimos o gran erro de fiarnos da promesa do Ministerio de Defensa e da Xunta de que o concurso ía a ser igual ou similar ao realizado en Palencia. Nada máis lonxe da realidade, xa que está claro que foi un concurso amañado para garantir o fracaso industrial ao ser o seu adxudicatario unha empresa denominada Hércules de Armamento (que se constitúe dez meses antes da adxudicación -decembro de 2013-, cun capital social de 3.000 euros).

Nós, ao detectar estas circunstancias, cursamos as denuncias necesarias ante os organismos e estamentos (Ministerio de Defensa, Axencia Tributaria, Xunta, Valedora do Pobo, Concello, Fiscalía...). É chamativo que o único organismo que nos contesta por escrito e a Valedora do Pobo.

Diante o silencio do Ministerio, Xunta, Axencia Tributaria e Delegación do Goberno ante as nosas denuncias, se cabe todavía é máis relevante ou chamativo que non contesten vendo como está actualmente a situación da antiga fábrica, xa que como denunciabamos non hai proxecto industrial, polo cal a inmensa maioría dos traballadores levan sen percibir os seus salarios desde agosto do ano pasado con contratos en precario, de dúas a catro horas diarias, a empresa non abona as cuotas da Seguridade Social, non paga a proveedores...

Como e posible nun estado de dereito e constitucional que ante este escándalo, as institucións (Ministerio, Axencia Tributaria, Xunta e Delegación do Goberno) garden silencio e non actúen para corrixir o que é un feito triste e luctuoso para o emprego e a actividade industrial da comarca da Coruña, e para que os cidadáns sigamos crendo que estamos nunha democracia onde se respetan os dereitos que temos recoñecidos dentro da Constitución.

Ou ben o que sucede é que hai outro tipo de implicacións e componendas de que se actúan as Administracións afectadas poida saltar a opinión pública un posible novo caso de corrupción dado neste proceso.

Esperando que ao final se esclareza todo, é polo que os traballadores despedidos con dignidade, sacrificio e a conciencia tranquila levamos tres anos loitando polo emprego e pola actividade industial da antiga Fábrica de Armas, algo que a Xunta non fixo, tal e como si se comprometeron as comunidades autónomas de Castilla León e Murcia a que pervivira a actividade industrial e o emprego, independientemente das trabas de Santa Bárbara Sistemas e do Ministerio de Defensa.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

ESPECIAL

PREMIOS OPINIÓN MÚSICA RAÍZ

Premios Opinión da Música de Raíz

Consulta aquí a información dos premios de música do noso diario


GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia
 


esquelasfunerarias.es
Enlaces recomendados: Premios Cine