"Había xente desde as seis da mañá, na zona do muro, que xa estaba toda collida. O ano pasado fixemos unha fogueira moi grande, empezamos ás sete e acabamos ás once", explican Antón, Carlos, Miguel e Adrián. A madeira collérona toda onte, aínda que xa sabían que contaban con ela, porque é da empresa do pai dun dos seus amigos.