A pesar de que as Irmandades da Fala foron un movemento espallado por toda Galicia, a única bandeira que se conserva dalgunha das delegacións locais desta organización é a da Irmandade de Betanzos, que agora se expón na Fundación malia que habitualmente se mostra no Museo das Mariñas, de Betanzos. Debe datar de 1918 e consta dunha franxa transversal azul, dunha cruz e unha fouce no interior coa que pretendían simbolizar as "novas anadas" que querían apañar.