As batas foron as primeiras prendas coas que se erixiu o imperio textil de Inditex, comandado por Amancio Ortega e Rosalía Mera. Unhas daquelas pezas de roupa atópase nesta exposición. Dar cun exemplar non foi doado xa que nin a propia multinacional conta con exemplares daquelas batas dos anos 70 producidas por GOA, nome que tiña inicialmente a empresa. Finalmente, deuse con unha delas nunha tenda de Porto do Son.