1. ¿Qué potencialidades destaca en el aeropuerto de Alvedro?

"A Coruña e Alvedro destacan por ser un destino atractivo, tanto para viaxeiros e viaxeiras cun perfil de negocios como tamén desde o punto de vista do turismo. Desde o Goberno local entendemos que reforzar ese atractivo como destino é a maneira para conseguir que as compañías estean interesadas por estar no noso aeroporto, tendo en conta ademais que Alvedro dá servizo non só á cidade, senón a toda a comarca e os seus polígonos e, en xeral, ao norte de Galicia".

2. ¿Qué carencias aprecia en el aeropuerto?

"Non é ningún segredo que o nivel de operatividade do aeroporto de Alvedro é mellorable, tanto nos seus horarios como na necesidade de axudas á navegación para as aterraxes, que permitirían acabar cos desvíos, que lastran o seu crecemento. É preciso o compromiso por parte do Ministerio de Fomento e de AENA para dotar a Alvedro das infraestruturas necesarias (sistema ILS en toda a terminal) para que sexa realmente competitivo".

3. ¿Qué nuevas rutas considera necesario abrir desde Alvedro?

"Entendemos que a consecución dun hub europeo e outro destino internacional sería interesante para afianzar os bos resultados de Alvedro e dar mellor servizo aos e ás usuarias e niso levamos meses traballando, e igualmente, en procurar novas rutas a nivel estatal e incrementar as frecuencias nos existentes, como de feito vimos de facer con Vueling, ao reforzar a conexión con Barcelona e con Valencia de cara ao ano que vén".

4. ¿Cree que la aportación pública es un sistema adecuado para captar vuelos y compañías?

"Sen ser o modelo que defendemos, consideramos que neste momento, esas axudas resultan necesarias. O que hai que mirar é que as achegas públicas se destinen a promocionar voos que teñen un interese estratéxico para a cidade e a súa contorna"