1. ¿Qué potencialidades destaca en el aeropuerto de Alvedro?

"A maior potencialidade é a súa ubicación, xa que está situado na área económica máis importante do país: o motor de desenvolvemento do país".

2. ¿Qué carencias aprecia en el aeropuerto?

"A principal carencia é que as competencias sobre os aeroportos galegos non están transferidas a Galiza polo que a xestión non se fai en clave de coordinación, colaboración e igualdade. Unha das maiores carencias que ten o noso aeroporto é a conexión rápida coa cidade, a comarca. Non existen conexións cos outros aeroportos galegos: debería investirse en servizos de lanzadeiras. Outra carencia é a inexistencia de sistemas de aproximación na cabeceira sur ".

3. ¿Qué nuevas rutas considera necesario abrir desde Alvedro?

"O deseño de rutas ten que ser integrado para as tres terminais galegas. Garantir a conexión cos catro sistemas aeroportuarios de Europa e que permiten a conexión con todo o mundo: Londres, París, Ámsterdam e Fráncfort; reforzar as conexións con Barcelona, Lisboa, Bruxelas e Roma e coas principais cidade do Estado: Bilbao, Valencia, Sevilla, Alacante... Sería vital que desde Galiza se reforzasen as conexións internacionais directas, especialmente transoceánicas".

4. ¿Cree que la aportación pública es un sistema adecuado para captar vuelos y compañías?

"Para o BNG, o mellor xeito de captar voos e compañías é ter un sistema aeroportuario atractivo, coordinado e dotado das conexións e infraestruturas necesarias. E en todo caso, a achega pública non pode nin debe ser municipal senón que en todo caso tería que facela a Xunta de Galiza precisamente para evitar a competencia entre os tres aeroportos galegos e procurar un investimento razoábel e eficiente en liñas e rutas complementarias".