A CORUÑA EMPRENDE

Dous centros de Ferrol participan no programa 'Lanzadeiras Coruña'

22.03.2017 | 17:08
Alumnos do CPR Esclavas nunha xornada formativa sobre a súa miniempresa.

Dentro do proxecto Eduemprende organizado pola Consellería de Educación e a Fundación Alcoa e no que colabora LA OPINIÓN inclúese o programa Lanzadeiras Coruña enfocado á creación dunha ducia de proxectos de miniempresas en dez centros educativos da provincia. Na comarca de Ferrol participan o IES Leixa e o CIFP de Ferrol. Os alumnos e coordinadores contaron esta semana coa axuda de Modesto Gómez, de Enxeño Galicia, que lles asesorou en tódalas súas dúbidas.

A miniempresa do IES Leixa coa que alumnos do ciclo superior de Deseño e Edición de Publicacións Impresas e Multimedia participan no programa basease nos 30 acordos de colaboracións do centro con entidades para realizar traballos que se canalizan en Proxectos Gráficos Leixa. Os alumnos traballan por grupos no taller encargándose do almacén, os custos, os pedidos, o mantemento, o contacto cos proveedores e as reclamacións dos clientes.Os estudantes asumirán todas as demandas de deseño que se lles soliciten por web. Xa recibiron encargos de impresión de gran formato ou de rotulación para as aulas do CIFP Ánxel Casal da Coruña ou do IES A Pinguela, ademais do deseño da revista da Escola de Idiomas de Ferrol e de toda a sua cartelería e trípticos, as rifas para as excursions de alumnos de distintos centros o a equipación para mais de 500 participantes nas Olimpiadas de Formacion Profesional.

No caso do CIFP de Ferrol, uns 16 alumnos dos ciclos de grado medio de Soldadura, de Carrocería e de Carpentería e Mobiliario con estudantes dos módulos de grado superior de Eficiencia Enerxética e Enerxía Solar Térmica e do de Sistemas Electrotécnicos e Automatizados traballan na construcción dunha caravana versátil pensada para profesionais itinerantes como afiadores, ferreiros, artesáns ou peixeiros, aínda que tamén podería funcionar como discoteca móvil. Ademais da mercancía tamén conta con literas para dormir. Trátase de Monicaravana Ferrolterra, que segundo explica o director do centro, Enrique Pazo, consta dunha base común en aluminio, madeira, plástico e ferro e un teito con paneis solares -aínda que tamén se pode conectar á electricidade- a partir da cal se pode deseñar unha caravana diferente en función das demandas..

O CIFP Ferrol tamén acolleu esta semana unha xornada formativa sobre Actitudes e Habilidades para o éxito impartida por Alejandra Sanchez, directora de formacion de Bevel Consultores, que xa tratou o mesmo tema con alumnos do CIFP Politécnico de Santiago e o IES Universidade Laboral da Coruña. Segundo Sánchez son tres as actitudes para o éxito: o optimismo, para converter os problemas en oportunidades; a creatividade para buscar solucions que permitan adaptarse a novos desafios e o traballo e en equipo e liderazgo. A coach recomenda traballar cada actitude desde unha coherencia mental para saber comunicarse e xestionar sensacións. Para xestionar o optimismo aposta por reflexionar sobre os aspectos que condicionan a súa felicidade a nivel persoal e profesional. No traballo en equipo, para a experta coñecer aos integrantes e posicionalos nas tarefas que lle gustan e se lles dan ben mellora o ambiente e achega a excelencia. O novo liderazgo -destaca- basease en motivar e acompañar as persoas en lugar de dirixilas.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
esquelasfunerarias.es
Enlaces recomendados: Premios Cine