A CORUÑA EMPRENDE

A experiencia 'shadowing', unha aprendizaxe baseada en retos

29.04.2017 | 21:16
Actividad formativa para profesores de ´A Coruña Emprende´ en el CIFP Someso.

Dentro do proxecto Eduemprende organizado pola Consellería de Educación e a Fundación Alcoa e no que colabora LA OPINIÓN inclúese o programa Lanzadeiras Coruña enfocado á creación dunha ducia de proxectos de miniempresas en dez centros educativos da provincia. O programa completase con outras actividades formativas para que alumnos e docentes dos centros participantes aprendan as claves do emprendemento. É o caso das xornadas que impartiron esta semana no CIPF Someso da Coruña sobre The Shadowing Project, unha actividade de ensinanza-aprendizaxe para o profesorado baseada en proxectos que emprega o inglés como lingua vehicular e incorpora unha experiencia de investigación profesional nun sector de interese para o alumno permitindo detectar áreas de mellora.

Trátase dun novo modelo de aprendizaxe baseado en proxectos co que se busca aprender facendo, optimizar recursos educativos e humanos e fomentar o traballo colaborador e emprendedor. Desta forma búscase un contacto co mundo laboral para motivar ao alumnado facilitando a inserción laboral cunha primeira experiencia, ao mesmo tempo que se reduce a taxa de abandono escolar e de desemprego xuvenil.

Coa experiencia shadowing pódese conseguir que España reduza a tasa de abandono escolar temperá e que aumente a inserción laboral dos mozos motivándoos e axundándolles a identificar as súas fortalezas. Nesta aprendizaxe construida en base a retos resólvense problemas reais a través dun traballo colaborativo no que o alumno é o centro en todo o proceso. Na proposta interveñen catro factores: a aprendizaxe baseada en problemas (PBL nas súas siglas en inglés), a técnica shadowing, os plans de acción tutorial (PAT) e o ambiente persoal de aprendizaxe (APA). The Shadowing Project facilita a adquisición de competencias clave, reforza o PAT e o APA nos centros de Educación Secundaria, moderniza a comunidade educativa, facilita a inserción laboral mediante e contribúe a disminuir o abandono escolar temperá. A comezos de curso preséntase o programa, créanse os grupos e arrancase coa investigación e a coordinación shadowing. Cara a metade da época lectiva desenvolvense as experiencias e o proxecto shadowing, redactase a memoria e celebrase unha segunda reunión sectorial. E xa a final de curso hai unha última reunión, amosase o resultado do traballo nas datas seleccionadas e realízase o control de calidade.

Esta aprendizaxe permite ao alumno investigar a área profesional de interese, descubrir as súas fortalezas e debilidades, explorar a capacidade e habilidades emprendedoras, tomar contacto co mundo laboral real, iniciar unha rede de contactos laborais propia e expoñer as súas ideas fronte ao público.

Tempo e implicación son os dous recursos que se precisan para levar adiante esta iniciativa. A eles súmanse outros materiais como unha plataforma moodle do centro de comunicación, unha acción tutorial específica, convenios con empresas colaboradoras e documentos de control e xestión do proxecto. A actividade permite unha evaluación de competencias sinxela e eficaz sustentada en modelos de seguemento continuo e unha rúbrica final na que se valora a evolución persoal e criterios xerais, o traballo individual e grupal e a defensa e exposición oral.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
esquelasfunerarias.es
Enlaces recomendados: Premios Cine