Arte en Os Castros e Catro Camiños

Desde as 17.00 até as 20.00, as artistas Ángeles D. Seoane, Nuria Mosquera e Polo relacionarán artisticamente Os Castros e Catro Camiños.

Continúa a mostra dos murais de Lugrís

Entre as 9.00 e as 21.00 está aberta a exposición Lugrís, paredes soñadas, que afonda a través de 106 obras na súa faceta de decorador de espazos.

Afundación

Cantón Grande, 24

Concerto de Xabier Díaz no Campo da Leña

"A música tradicional non ten barreiras porque está feita co corazón"

Santi Romay, nunha obra de McDonagh

20.30 horas. O actor protagoniza a comedia O tolleito de Inishmaan, dirixida por Cándido Pazó.

Teatro Rosalía de Castro Riego de Agua, 37

As librarías festexan as Letras Galegas

A libraría Formatos ofrece, ás 12.30 , unha intervención do escritor Xavier Alcalá sobre Carlos Casares, dando paso logo a o recital poético de Pedro Casteleiro, Estíbaliz Espinosa e Xavier Seoane. Antes, a partir das 10.30, Azeta ofrecerá xogos para nenos; mentres que en Cascanueces, ás 12.00 , Ramón Loureiro presentará a súa obra Casares.

Formatos, Azeta e Cascanueces

Festival de bandas en Mardi Gras

20.30 h. Grupos como Incidentes e Freskiños participan no Festival de bandas de Monte Alto.

Sala Mardi Gras Travesía de la Torre, 8

Exposición sobre sexismo

Ata xuño abre Andar cos tempos. Sobre estereotipos sexistas no baile e músicas tradicionais.

Casa Museo Casares Quiroga

Panaderas, 12

Lectura colectiva en María Pita

12.00 horas. O Concello organiza unha lectura conxunta desde o balcón de María Pita.

Pazo de María Pita

Música, venta e lectura de libros en Betanzos polo Día das Letras Galegas

Betanzos festexa hoxe o Día das Letras Galegas cun amplo programa dende as 11.00 ata as 21.00. Na praza de Santiago haberá unha exposición e venta de libros ademais dunha lectura continuada de textos a escoller. Ao mediodía actuará o grupo A Fuliada e despois estará Pepe Piña na sesión vermú. Pola tarde actuarán o Coro Prímula e alumnos da academia de música Clave de Fa. Ás oito inaugurarase na librería Biblos unha mostra de portadas de libros de Casares.