A Xunta iniciou onte unha campaña en redes sociais para concienciar e conmemorar hoxe o Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia e do Día Mundial de Internet. A iniciativa chámase Like pola Diversidade e consistirá en escribir posts en favor da diversidade sexual durante esta semana. O servizo Quérote+ lanzará as mensaxes e traballará cos centros educativos para que o equipo docente e o alumnado se convirtan nun axente activo na súa difusión. A Escola de Imaxe e Son acollerá hoxe o obradoiro Divers@s.