Os contactos establecidos polo Concello cos promotores inmobiliarios do polígono de Náutica trala revisión do estado das súas licenzas fixo posible o comezo, de acordo coa xunta de compensación, do proceso para a posta en marcha da urbanización desta zona, cuxo desenvolvemento está pendente dende hai dez anos.

Xiao Varela aclarou onte que o Concello non paralizou ningunha das obras que estaban en marcha, xa que finalmente aceptou os recursos presentados polas empresas contra a declaración da caducidade das súas licenzas. Os promotores expresaron a súa vontade de rematar os edificios e proporcionaron os documentos que reclamaba o Concello para autorizar a continuidade dos traballos. O concelleiro apuntou que nalgún caso as obras para as que fora retirada a licenza non chegaran a iniciarse e que a empresa está en suspensión de pagos.

Tamén informou Varela de que a Xunta de Goberno Local adxudicou a semana pasada á adquisición do banco que será colocado ao bordo do peirado da Mariña para impedir novas caídas accidentais ao mar. O responsable de Rexeneración Urbana explicou que o prazo para proporcionar este elemento e de dúas semanas e calculou que será colocado en dous días, xa que non precisa obras.