Os edís do PSOE José Manuel García, Mar Barcón e José Manuel Dapena recolleron onte opinións e demandas dos praceiros de Monte Alto na primeira das visitas que fará o grupo aos mercados municipais para trasladar propostas ao pleno e darlle pulo a estas prazas. O PSOE comprometeuse en decembro de 2015 a fomentar unha ordenanza consensuada para revitalizar os mercados que aínda non expuxo.