O violinista Ara Malikian actuará no Pazo da Ópera o próximo 22 de outubro no marco da súa xira The Incredible Tour of Violin. O concerto dará comezo ás 20.30 horas e as entradas xa poden ser adquiridas no Quisco da Praza de Ourense ou na web de Ticketea. O músico libanés, que tamén conta coa nacionalidade española, leva as súas cancións até límites insospeitados.