Un home de 29 anos e a súa filla de dous resultaron feridos leves á primeira hora da tarde de onte ao ser atropelados por un autobús no cruzamento da avenida de Gran Canaria coa rolda de Outeiro, no barrio de Labañou. A menor foi trasladada por unha ambulancia do 061 ao hospital Materno Infantil, mentres que o seu pai desprazouse polos seus propios medios a un centro sanitario.