A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; a Universidade de Santiago de Compostela e Endesa colaboran nun proxecto educativo medioambiental a través do cal polo menos 400 alumnos e 20 docentes recibirán cada ano formación sobre a restauración dos espazos que albergaron explotacións mineiras. Trátase dunha nova aposta do departamento educativo da Xunta en prol do fomento dos valores medioambientais entre os máis novos. Neste sentido, a Consellería traballa neste eido a través da materia Paisaxe e sustentabilidade en Galicia, que conta este ano con 1.860 matriculados, e do Plan Proxecta da Consellería de Medio Ambiente .O proxecto medioambiental dividirase en tres fases. Na primeira delas, a Universidade de Santiago de Compostela elaborará o material para a formación do profesorado, en eidos como os sistemas acuáticos e humedais, a revexetación, a fauna; ou o papel do chan nos espazos mineiros restaurados, tomando como referencia de caso real o da escombreira das Pontes. Tamén se elaborará unha guía didáctica deste espazo mineiro restaurado e cadernos de campo para as visitas do alumnado. Na segunda das fases formarase a docentes de secundaria e bacharelato cos devanditos materiais.

O cumio do proxecto será o traballo sobre, polo menos, 400 alumnos. Nelas os estudantes poderán percorrer a mina restaurada das Pontes e realizar traballos de campo sobre a recuperación, a flora, a fauna?; da man do profesorado formado con anterioridade.