Para celebrar os 16 anos da edición de Contos da Coruña, de Xurxo Souto, LA OPINIÓN fará un sorteo na súa web de catro exemplares do libro. Os interesados en participar terán que respostar correctamente a tres preguntas sobre a cidade, unha delas referida ao nome das pedras da Torre de Hércules, outra sobre o nome dunha tasca do barrio dos Mallos que gañou sona pola súa tapa de orella de porco prensada e outra sobre a andaina de Pucho Boedo antes de fichar por Los Tamara.

  • Cal destas pedras do mar non está no entorno da Torre de Hércules?
  • Que tasca dos Mallos acadou a fama pola súa tapa de orella de porco prensada?
  • De cal orquestra era vocalista Pucho Boedo antes de "fichar" polos Tamara?