ESPAZOS EDUCATIVOS

Máis de 200 docentes formaranse en linguas estranxeiras

06.06.2017 | 01:38

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 215 prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras (PIALE) deste ano, un 45% máis ca no ano anterior. Con esta formación, os docentes do ensino non universitario poderán mellorar as súas competencias en inglés, portugués, francés ou alemán en estadías en países estranxeiros. Á súa volta, deberán elaborar materiais na lingua obxecto de estudo. A Consellería destina un total de 770.265 euros á organización deste programa. As solicitudes deberán tramitarse por vía electrónica a través do formulario dispoñible na páxina https://sede.xunta.gal. ou de forma presencial.

Haberá tres modalidades para as prazas. A primeira inclúe un curso de formación en inglés en Galicia, unha inmersión de tres semanas en Reino Unido, Canadá ou Estados Unidos e a elaboración dos materiais.

Na segunda das modalidades, os docentes realizarán un programa de inmersión total en inglés ou portugués en centros escolares de Canadá ou Portugal e deberán presentar un plan de difusión da experiencia adquirida na súa estadía, coa súa memoria de desenvolvemento.

A modalidade tres consistirá nun curso de formación en inglés, portugués, francés ou alemán, segundo sexa o caso en Reino Unido, Portugal, Francia ou Alemaña de dúas semanas. Á súa volta docentes deberán elaborar os materiais.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
esquelasfunerarias.es
Enlaces recomendados: Premios Cine