Carlos Casares, un escritor desta galaxia é ou nome da colección de carteis elaborada polos alumnos e profesores do CEIP Anxo da Garda da Coruña que a Xunta acaba de premiar no concurso-exposición Letras Galegas 2017. Os seus creadores, alumnos de educación infantil e primaria axudados polos seus profesores, deseñaron uns carteis con caixas e mesas de luz para realzar a calidade plástica das súas propostas, que incluíron o uso de novas tecnoloxías. As obras resultantes serán distribuídas en case 2.000 puntos de Galicia e no exterior, como centros educativos e universidades.

O profesorado e o alumnado do centro educativo dos Castros recibiron un cheque por valor de 2.000 euros, outro intercambiable por produtos lácteos da marca Feiraco, colaboradora no premio, e un diploma acreditativo. Ao profesorado correspóndelle unha certificación de premio de innovación educativa equivalente a vinte horas de formación. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, entregaron onte o premio.