Dous anos de mandato no Concello A análise do Goberno municipal

"Penso pouquiño nas eleccións de 2019"

25.06.2017 | 00:44

- Quedan dous anos para as eleccións, onde cre que está o nivel de desgaste do seu goberno tras dous anos de xestión?

-Pois non o sei, seguramente cada persona teña unha opinión diferente. Falo con moita xente ao longo do día e moitas veces un sorpréndese ao que as personas lle dan importancia. E cada persoa dalle importancia a cousas absolutamente diferentes. En xeral hai boa percepción, de que somos xente honesta e traballadora que intenta facer as cousas ben, que pode equivocarse ou acertar, pero que desde logo ten intención de facer as cousas ben. Creo que iso está presente na rúa.

- Pensa nas eleccións de 2019?

-Pouquiño (risas). A min quédanme dous anos de traballo duro no Concello e para alguén que esta gobernando as eleccións son a avaliación final. Efectivamente, entendo que quen non está gobernando pode estar pensando todo o día en clave de eleccións 2019. Nós o que pensamos é na clave do que está pasando agora mesmo e que hai que solucionar, na clave dos proxectos que están en marcha e na clave das luces longas, que é cara onde vai a cidade.

- Hai quen di no campo da comunicación política que non hai que nomear ao inimigo para non elevalo. Non están falando moito de Beatriz Mato antes de tempo?

-Non o sei, eu falo moito porque me preguntan moito, non saco o tema habitualmente.

- Para ese horizonte electoral, afectaranlle todas as tensións de En Marea?

-O proxecto político de proximidade que ocupou a centralidade na Coruña foi a Marea Atlántica. É un proxecto político practicamente único en moitos aspectos e un deles é a camaradería e a solidariedade que vive. Tentar transplantar algo creado na proximidade, no local, de xentes se uniron por un desexo común e unha ilusión, a unha escala xeográfica máis alta, pois dá problemas e probablemente non todo o mundo vexa as cousas iguais. As cousas aquí na Coruña, na Marea Atlántica, e no traballo entre esa Marea e o Goberno local é tan harmonioso que non estou preocupado polas tensións internas para esas municipais.

- Di que é un proxecto único, tamén un proxecto independente?

-É un proxecto que traballa en rede. Cando nos plantexamos esta aventura en 2014, tiñamos claro que implicaba traballar en rede, desde abaixo, desde os barrios, desde os concellos. Nós traballamos desde o primeiro día con Ourense, despois Compostela Aberta? e apareceron outros movementos e sempre fomos atopando camiños de cooperación con eles. Con Barcelona en comú, con Ahora Madrid, con Zaragoza en Común e con outras cidades. Esa construcción desde abaixo non implica estar illado nin moito menos, implica unha forma de relacionarse respetuosa coa autonomía do local pero que quere construir en global.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
esquelasfunerarias.es
Enlaces recomendados: Premios Cine