O ilustrador galego Xosé Cobas é o encargado de deseñar, este ano, a imaxe da camiseta do festival Rock in Cambre, que encherá de os días 18, 19 e 20 de agosto no municipio coruñés. En cor negro e seragrafada en branco, azul e vernello, Cobas funde no deseño unha das mans cornutas que o público exhibe nos concertos da cita musical cunha das guitarras eléctricas que atronan nos seus escenarios. Cobas trata de, con este deseño "sinxelo e sen estridencias", crear o símbolo que representará a este mítico festival no seu XVI certamen. A camiseta máis roqueira pódese conseguir co xornal LA OPINIÓN .

- Ilustrou pezas musicais, relatos, poemas? ¿Cambia moito o proceso creativo cando se debuxa para algo que alguén vai levar enriba?

-Hai que distinguir, porque isto non é unha ilustración, é unha imaxe. Neste tipo de traballos o golpe de vista ten que ser moito máis directo e conciso, non hai que perderse en retóricas gráficas nin contar ningunha historia, a diferencia de cando ilustras unha peza de música ou un relato. O obxectivo neste encargo é crear unha especie de marca, símbolo ou selo de identidade.

- ¿Qué representa a imaxe?

-Eu non quería caer no tópico da estridencia, polo que, en vez de buscar unha imaxe moi explosiva, o que busquei foi un símbolo onde se concite o sentimento do rock, como é o elemento superior. O elemento inferior, a guitarra, está máis relacionado coa música. O IN é unha especie de nexo entre a parte superior e a parte inferior, que fai de mástil da guitarra. O azul engadino como un rasgo de identidade, e a tipografía que usei é diferente á doutros anos. Todo está dentro dun aire moi dinámico, sin ser nada ríxido, seguindo a dialéctica deste tipo de música. Ademais, aínda que dentro da filosofía do rock hai unha parte que é máis agresiva, e essa connotación aparece representada, nesta imaxe non é nada abusiva. Non hai ningunha estridencia gráfica, é unha cousa moi sinxela.

- ¿Gústalle a música rock? ¿Algunha canción en concreto que servise de inspiración?

-Claro que me gusta o rock, aínda que non é música que máis escoito. Non hai ningunha canción que me servise de inspiración, porque o concepto neste traballo foi máis xeneralista, o rock como concepto. Ademais, o público é moi heteroxéneo, xa que o rock é das músicas máis versátiles.

- Agora existen medios electrónicos, como tabletas gráficas, que usan os ilustradores. ¿Adáptase ós novos métodos creativos? ¿Gústanlle máis os tradicionais ou os dixitais?

-Á hora de crear, tanto ten o método dixital coma o tradicional, iso non cambia. Aínda que este logo está creado cun programa de diseño dixital, eu habitualmente traballo de maneira tradicional. As miñas ilustracións e os meus bocetos son con papel e lapis, coma o fixen toda a vida. As novas tecnoloxías claro que me axudan a levar a cabo algúns aspectos que, de facelo a man, levaríanme moito máis tempo, por exemplo para determinadas luces, pero tampouco son a panacea. Ademáis, hai determinadas texturas, que eu consigo coa man, que persoalmente non son capaz de facelas dixitalmente. Para imitalas hai que dominar moito a técnica dixital, e eu non teño ese dominio, máis tampouco me interesa. Quero que exista no meu traballo unha parte humana, que se note a man, o trazo e a pincelada, sobre todo cando ilustro, porque hai unha parte de humanidade cando contas, cando narras.

- É un ilustrador con máis de trinta anos de experiencia ás súas costas. A día de hoxe, ¿qué disfruta máis ilustrando?

-Gústame ilustrar de todo, pero co que máis disfruto posiblemente sexa cos meus propios proxectos. En canto a materias ou especialidades, teño unha especial predilección pola ilustración de poesía, máis que pola ilustración de narrativa. Tamén gústame moito o álbum ilustrado.