Avirulencia da crise social, económica, demográfica e institucional, que se ven expandindo sen cesar por tódolos intersticios da realidade contemporánea, está na súa orixe na aproximación realizada dende fai 50 anos de estudos que anunciaban insistentemente a necesidade dun replanteamento urxente das prácticas urbanísticas que se estaban a producir nos países europeos.

A complexa maquinaria dun potentísimo sector inmobiliario impuxo a lóxica do mercado e a aceptación acrítica dun modelo que estamos a percibir como insustentable: o paradigma urbano da cidade compacta propia do modelo europeo de cidade reventóu desperdigado por un territorio que foi utilizado como un simple soporte físico de iniciativas económicas urbanizadoras para os diferentes grupos sociais.

A cuestión urbana, e con ela a atenta lectura da forma da cidade, pasan a un primeiro plano, que pón en foco os diferentes tecidos que serveron de habitat residencial e de traballo e que durante séculos foron xeneradores dun alto grado de "urbanidade" cunha forte dimensión social e colaborativa.

O tecido de orixe medieval da Cidade Vella, o do arrabal mariñeiro da Peixaría e o do Ensanche das estacións do Norte e San Diego foron os ámbitos nos que mais de 30 estudantes universitarios desenvolveron estes días o primeiro Obradoiro de Morfoloxía Urbana.

Coa presencia do concelleiro de Culturas, Xose Manuel Sande, abríuse esta primeira experiencia na Fundación Luis Seoane organizada pola Seccion Departamental de Urbanística e Ordenación do Territorio da UDC, en colaboracion co PNUM (Rede Lusófona de Morfología Urbana) e a propia Concellaría de Culturas.

Tomando a cidade da Coruña como ámbito de estudio e aplicación das diferentes escolas de Análise Urbana, as escolas italiana, francesa, angloxaxona e catalana impartíronse as conferencias por especialistas italianos (G. Strappa), portugueses (V. Oliveira, D. Viana, T. Marat, A. Fernández) e galegos (C. López), que explicaron as específicas técnicas de análise de cada escola para afrontar o estudo das formas da cidade.

A visita aos tres ámbitos de estudo da cidade de orixe medieval, o interior do arrabal da Peixaría e o Ensanche das estacións do Norte e San Diego, permitíu un contacto directo cuns escenarios urbanos outrora vibrantes e nos que os efectos da crise está deixando pegadas que precisan ser analizadas dende a convicción de que o estudo da forma urbana pode axudarnos a facer visible o proceso de construcción da cidade desenvolvido nos últimos anos.

A presenza e a palabra vibrante e profundamente vital de Xurxo Souto, a mirada disciplinar de Díaz Revilla, e a introducción morfotipolóxica a cada un dos ámbitos de estudio Xosé Lois Martínez, mostraron aos participantes unha realidade na que a crise e os seus múltiples impactos no formal, no funcional, no social, no cultural se explicita con toda crudeza: o gran patrimonio residencial de cada zona esmorece, os espazos tradicionais destinados ao comercio e ao intercambio se transforman, os espazos públicos seguen instalados na lóxica do automóvil, mentras os espacios ocupados polas grandes infraestructuras das redes da mobilidade privada e do transporte (estacións de ferrocarril, frontes portuarios, vías rápidas) manteñen unha posición de espera nun tempo de indeterminación.

As escalas de análise urbano estiveron complementadas polas visións innovadoras das experiencias de equipos de traballo que están reflexionando sobre metodoloxías, enfoques e instrumentos que é necesario explorar ante a complexidade dos retos plantexados.

Por unha banda, a escala territorial e a visión dunha cidade-ría emerxente, impulsada polo estudo Arousa, iniciativa do Equipo David Chipperfield Architects, e que Manuel Rodríguez López , José Manuel Mancho e Clara Martínez desenvolveron na clave da relevancia da toma en consideración das actividades económicas e productivas, dos recursos culturais e patrimoniais, dunha sociedade complexa que conta na ría de Arousa cunha potencialidade de desarrollo ante un escenario de esixencia do cualitativo fronte o cuantitativo.

Por outra banda, a escala do barrio dende o individuo á comunidade, presentada por Ibón Bilbao, subdirector e impulsor dende a Escola de Arquitectura de Barcelona da experiencia Arquitectos de Cabeceira (Premi Citat de Barcelona 2017, e nominado para o premio Mies Van der Rohe), demanda a necesidade de que a Universidade se introduza no interior do fogar, da vivenda, dos problemas cotiás dunha población que nos tecidos urbanos tradicionais da cidade compacta está a sufrir de moi diversas formas o impacto dunha crise que no proceso de desplome demográfico, da pérdida de traballos, de caída da actividade económica e abandono ou xentrificación de areas completas da cidade, produce amplas zonas oscuras invisibilizdas e ignoradas a través das prácticas urbanísticas tradicionais, as máis das veces integradas e deudoras da visión hexemónica dun sector inmobiliario e dunhas institucións pouco sensibles a importancia do suxeito fronte aos grandes proxectos de alto impacto mediático.

Os tecidos urbanos tradicionais da cidade compacta da Coruña, nos que se acumulan mais de 20.000 vivendas baleiras e miles de vivendas e locais moi alonxados das esixencias dos parámetros de confort da sociedade contemporánea, se presentan como ámbitos de preferencia dunhas prácticas profesionáis que retomen a idea de "construcción-restauración dos valores da urbanidade" ante os procesos de ruptura da cohesión social derivada da disolución da forma. Procesos desenvolvidos nas tres últimas décadas, que derivaron no sometemento da cidadanía a dispositivos inductores de prácticas de apropiación do espazo cada vez máis isoladas e pechadas no seu individualismo, máis segregadoras na exclusión, e máis dependentes das tecnoloxías extractivas das rentas do traballo nunha sociedade cada vez máis débil e desamparada polas institucións fronte aos retos da sociedade da cuarta revolucion industrial.