Ardelloeixo fixo unha presentación informal do seu proxecto cunha foliada onte na praza José Sellier, aberta a todas as persoas que quixeron participar, soubesen ou non bailar e tocar. A web Ardelloeixo.gal é un portal no que se recollen os espazos de fabricación de instrumentos, os bares e as actividades que teñen que ver co baile e a música tradicional. A web naceu, segundo explicou o concelleiro de Culturas, José Manuel Sande, "para dar visibilidade e normalidade á música de raíz" .