Unha das demarcacións da Coruña con máis maxia, con máis contrastes é, indubidablemente, a que conforman a rúa Adelaida Muro e o Matadoiro. Estratéxicamente situada fronte ao mar, os seus veciños acostumáronse a vivir de cara a unha baía incomparábel. Mais é tamén unha das zonas que mellor resumen a dinámica creada polo sistema de vida coruñés.

Adelaida Muro e o Matadoiro deron moitos nomes ilustres, pero que tamén soportaron as penurias dunha etapa presidida polas limitacións e na que as pandillas reflexaban unha conciencia de comunidade sen distinción de clase nen condición social. Unha zona que deixou un surtido variado de empresarios, deportistas e certos executivos de alto nivel.

De entón para acá, a zona sufriu unha gran transformación. As casas nas que moitos naceron xa non existen e foron substituidas por elegantes edificacións aproveitando a orxía urbanística, un de cuxos exemplos máis notorios é o antigo asilo de anciáns. O Matadoiro deu paso a un luxoso hotel; o secadeiro de peles e os talleres municipales, a un conglomerado de edificios; e a finca dos Mariño, referencia inseparable do réxime anterior e das clases máis acomodadas da cidade, trocou nun lugar de ocio. Como non lembrar aqueles campos onde xogastes de neno, as lanchas fondeadas, a paisaxe que sempre coñeciches, eses camiños, aquelas rochas onde agora está a Domus e que parecían inmutabeis? Como podíamos asumir que aquel mundo ía desaparecer e nós íamos seguir vivindo? Era un cataclismo que non cabía na imaxinación. Claro que aínda perviven casas en ruínas desangradas polo paso do tempo.

A escusa para xuntarse nunha mesa é a lembranza de tempos pasados, e os impulsores da convocatoria, como sempre, os mesmos. Convocan a todos, aos que aínda viven na zona e aos que marcharon para outros lugares. Desde hai anos mantense invariábel a cita anual que nesta ocasión ten lugar este sábado cun almorzo nos acreditados salóns do Clube do Mar de San Amaro. Mais outro efecto de estos encontros, ademais de comer e beber, o que propicia momentos inolvidabeis, é a relación de apuntar enderezos novos e mencionar escenas ocurridas en estabelecementos tan populares como Cagancho, no Matadoiro, ou a tenda de Leonardo, en Adelaida Muro.

En definitiva, poderán faltar algúns, mais non sobrará ninguén.